sábado, 17 de enero de 2015

AlimentaT-ben



Os nenos e as nenas de catro anos seguen aprendendo moitas cousas sobre hábitos de vida saudable. Mirade canto traballaron para facer esta roda de alimentos sans, na que nos recomendan alimentarnos ben e facer moito deporte!! Eu vou seguir o seu consello, e vós?









sábado, 10 de enero de 2015

Chegou o inverno


Nesta nova estación comeza o frío e con el as paisaxes brancas, cubertas de neve!!! E como na aula de 4 anos son moi deportistas, fixeron este mural no que semella que os bonecos de neve son expertos esquiadores, mentras outros se divirten xogando á comba.
Un momento!!! Non só esquían os bonecos de neve, tamén hai algunha pera que o está pasando fenomenal na neve.  Nótase que ás nenas e aos nenos de catro anos encántalles comer mooooooooita froita...Ves tí algunha froita máis facendo deporte nesta paisaxe invernal??

jueves, 18 de diciembre de 2014

As árbores e os seus froitos no outono

Traballamos cos froitos típicos do outono, algúns dos cales temos no patio do noso colexio, no que puidemos recoller algúns deles, como castañas e noces...ademáis das follas de cada árbore, para posteriormente levar a cabo un traballo de aula.






Arcimboldo de froitas

Giuseppe Arcimboldo foi un pintor italiano, coñecido sobre todo polas súas representacións manieristas do rostro humano a partir de flores, froitas, plantas, animais ou obxectos. Pintaba representacións de estes obxectos no lenzo, colocados de tal maneira que todo o conxunto tiña unha semellanza recoñecible co suxeito retratado.
Na nosa aula experimentamos con froitas e conseguimos o seguinte:



miércoles, 17 de diciembre de 2014

CESTAS PARA O NADAL

Este ano tocounos dende Alimenta-T-ben preparar aos de terceiro as cestas coas que o comedor nos agasalla no Nadal, polo que ademáis doutros productos navideños vai cheo de froita pra por en marcha un dos obxectivos máis importantes deste programa dentro do Plan Proxecta: comer disfrutando a froita para medrar fortes e sans.

Sentímonos  como unha gran empresa de produción, traballo en cadea, apoiados todo o tempo pola nosa mascota a Marela, este ano disfrazada de ser mitolóxico polo tema troncal proposto pola biblioteca...cun lema moi atractivo

A FROITA........manxar de deuses



lunes, 15 de diciembre de 2014

ENQUISA SOBRE O CONSUMO DE FROITAS EN 3º

En terceiro B fixemos unha enquisa para valorar os nosos hábitos alimenticios sobre o consumo de froita.
Despois de responder a enquisa , recollemos datos e logo levámolo a facer unhas táboas onde se vexan claramente




















viernes, 12 de diciembre de 2014

NOVO CURSO NOVA CARTELERA!!!!!!


De cando en vez iremos cambiando a cartelera dos distintos programas nos que participamos do plan Proxecta