lunes, 20 de febrero de 2017

Antifaces froiteiros

Metidos xa de cheo nas festas do Entroido e tamén na primeira semana de distribución de froita deste curso, os nenos e as nenas de 4 e 5 anos do CEIP de Arzúa fixeron estes antifaces tan "froiteiros" e divertidos e saíron a xogar con eles. Mirade que ben o pasaron!




                   












viernes, 17 de febrero de 2017

O GATO LAMBÓN

DENTRO DO PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL (P.E.L.O) LEVADO A CABO NA ETAPA DE E.I.,POLA MESTRA DE A.L E AS MESTRAS TITORAS DE E.I, COÑECIMOS AO GATO LAMBÓN, UN GATIÑO MOI LARPEIRO QUE TEN UNHA ALIMENTACIÓN MOI POUCO SAUDABLE.

DESPOIS DA LECTURA DO CONTO, COMPRENDIMOS QUE ESTE GATIÑO ALIMÉNTASE MOI MAL, XA QUE PAPA TODO O QUE SE LLE PON POR DIANTE E A PESAR DE TER O BANDULLO CHEO OU TER DOR NEL, EL SEGUE COMENDO TODO O QUE LLE APETECE.



OS ALUMNOS DE 3, 4, E 5 ANOS DECIDIMOS AXUDAR A ESTE GATIÑO E ELABORAMOS UNHA FICHA NA QUE REPRESENTAMOS AO GATO COMENDO ALIMENTOS SAUDABLES, COMO A FROITA, O PAN, O PEIXE E O LEITE....TODO UN MANXAR PARA UN GATO!





BO PROVEITO!!!



domingo, 12 de febrero de 2017

Facemos Iogures

Os lácteos son unha parte importante da alimentación infantil. A pasada semana os nenos e as nenas de Educación Infantil do CEIP de Arzúa participaron de primeira man na elaboración de iogures "caseiros" de FROITA e naturais, gracias á colaboración de Ignacio e Olaia, un pai e unha nai da nosa Comunidade educativa.
Os/as peques aprenderon moito e os iogures sairon riquísimos!



viernes, 20 de enero de 2017

"Marexada" e "O sabor da aventura está no mar".

O pasado mes de outubro os rapaces e rapazas do grupo "Marexada" trouxeron ao noso coke a proposta "O sabor da aventura está no mar" e explicáronnos, coa axuda da "Panda dos Arroaces", a morea de propiedades dos distintos peixes na nosa alimentación.
Os nenos e as nenas da clase de 3° de Primaria do CEIP de Arzúa demostráronnos canto aprenderon deste tema con estes traballos tan ben feitos:






jueves, 19 de enero de 2017

XORNADA GASTRONÓMICA MEXICANA

TOCOUNOS ORGANIZAR CON TAREIXA E ROSA, AS NOSAS MESTRAS, O PRIMEIRO DÍA DE COMIDA INTERNACIONAL NO NOSO COLE...

  • Decoramos o comedor con murais relativos ao país, MÉXICO
  • Buscamos música típica deste país para poñer mentras xantamos.
Foi moi divertido e aprendemos moito sobre un novo país.

XORNADA GASTRONÓMICA ARZÚAN NO COMEDOR ESCOLAR

TOCOULLES ESTA VEZ  ORGANIZAR CON TAREIXA AS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL , OUTRO DÍA DE XORNADAS GASTRONÓMICAS, ESTA VEZ MOI PRETO DE NÓS, A DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DE ARZÚA...
  • Decoramos o comedor con murais relativos aos productos elaborados no noso concello, o mel e o queixo
  • Buscamos música típica  para poñer mentras xantamos.

Foi moi divertido e aprendemos moito sobre estes productos, xa que tivemos unha cata de queixo impartida por Óscar Pérez,  Secretario Xerente do Consello regulador da DOP Arzú-Ulloa e uns talleres do museo vivente da mel de Dombodán, o Enredo do Abeleiro por Amparo.


  • CATA DO QUEIXO o luns 16 de xaneiro para 3º de EP





  • DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS DONADOS PARA O COMEDOR  ESCOLAR o luns 16 de xaneiro



  • TALLERES DO MEL o xoves 19 de xaneiro para Educación Infantil


6º de Infantil

5º de Infantil

4º de Infantil