Os nenos e as nenas de 4 e de 5 anos do CEIP de Arzúa visitamos Noia o 15 de marzo para disfrutar das actividades que nos ofreceron os rapaces e as rapazas de "O Sabor da Aventura está no Mar", dentro do Proxecto Aliménta-T Ben do Plan Proxecta.
Vimos o fermoso porto e aprendemos cousas e nomes sobre os aparellos do marisqueo, a pesca, os barcos, etc:
Logo entramos na lonxa e explicáronnos como funciona agora e como o facía antes de existiren as novas tecnoloxías.
Despois vimos a depuradora e aprendemos como e para qué a usan.
Tamén tivemos a incrible oportunidade de ir a praia a "mariscar" cos algún mariscadores do lugar que nos ensinaron aparellos, técnicas, diferencias entes as clases de ameixas, etc. Disfrutamos moitísimo e pasámolo xenial!
Despois de relaxarnos xogando coa area na praia...
... invitáronnos a unha comida feita con
produtos do mar: hamburguesas de pescada e atún e croquetas de bacallao.
Aprendemos moitísimo nesta excusión. O máis importante: o gran valor do mar e dos seus produtos e a importancia de respectalos.
Realmente foi unha saída xenial!
miércoles, 22 de marzo de 2017
martes, 14 de marzo de 2017
XORNADA GASTRONÓMICA BRITÁNICA
TOCOULLES ESTA VEZ ORGANIZAR CON TAREIXA AS AULAS DE PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA , OUTRO DÍA DE XORNADAS GASTRONÓMICAS, A DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DE GRAN BRETAÑA...
Decoramos o comedor con murais relativos aos productos ingleses. Buscamos música típica para poñer mentras xantamos.
PIRÁMIDE BILÍNGÜE
No comedor temos exposto unha pirámide alimenticia para marcar uns hábitos saudables de alimentación para medrar sans e fortes grazas aos máis pequenos de Primaria.
martes, 7 de marzo de 2017
Ponlle as Pilas ao teu Bocata 2017
Este martes 7 de marzo os nenos e as nenas do CEIP de Arzúa fixeron o taller de "Ponlle as Pilas ao teu bocata" deste curso, incluído dentro do proxecto Aliménta-T Ben.
Falaron dos distintos pescados e productos do mar, fixeron xogos con este tema, etc.
Para rematar, cada cativo/a fixo un bocata escollendo entre varios ingredientes dos distintos grupos de alimentos para despois dar boa conta del.

A devandita actividade estivo dirixida ao alumnado dende 6° de Educación Infantil ata 6° de Educación Primaria, así que os/as máis pequeniños/as tiveron o seu propio taller na nosa aula "multiusos" con ingredientes da nosa cociña.
Disfrutaron moitísimo!

jueves, 2 de marzo de 2017
Volve "Marexada"
Hoxe o grupo "Marexada" voltou ao noso cole coa proposta "O Sabor da Aventura está no Mar" para falarnos do mar, dos ríos, da necesidade de mantelos limpos, dos peixes e do pescado, da pesca responsable, etc.
Todo isto explicáronnolo con contos, xogos, vídeos e fotos.
Tamén troxeron un montón de regaliños e os nenos e as nenas do CEIP de Arzúa comprometéronse a consumir máis productos frescos do mar sostibles e a transmitir esta mensaxe ecolóxica aos seus/súas amigos/as.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)