domingo, 12 de febrero de 2017

Facemos Iogures

Os lácteos son unha parte importante da alimentación infantil. A pasada semana os nenos e as nenas de Educación Infantil do CEIP de Arzúa participaron de primeira man na elaboración de iogures "caseiros" de FROITA e naturais, gracias á colaboración de Ignacio e Olaia, un pai e unha nai da nosa Comunidade educativa.
Os/as peques aprenderon moito e os iogures sairon riquísimos!



viernes, 20 de enero de 2017

"Marexada" e "O sabor da aventura está no mar".

O pasado mes de outubro os rapaces e rapazas do grupo "Marexada" trouxeron ao noso coke a proposta "O sabor da aventura está no mar" e explicáronnos, coa axuda da "Panda dos Arroaces", a morea de propiedades dos distintos peixes na nosa alimentación.
Os nenos e as nenas da clase de 3° de Primaria do CEIP de Arzúa demostráronnos canto aprenderon deste tema con estes traballos tan ben feitos:






jueves, 19 de enero de 2017

XORNADA GASTRONÓMICA MEXICANA

TOCOUNOS ORGANIZAR CON TAREIXA E ROSA, AS NOSAS MESTRAS, O PRIMEIRO DÍA DE COMIDA INTERNACIONAL NO NOSO COLE...

  • Decoramos o comedor con murais relativos ao país, MÉXICO
  • Buscamos música típica deste país para poñer mentras xantamos.
Foi moi divertido e aprendemos moito sobre un novo país.

XORNADA GASTRONÓMICA ARZÚAN NO COMEDOR ESCOLAR

TOCOULLES ESTA VEZ  ORGANIZAR CON TAREIXA AS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL , OUTRO DÍA DE XORNADAS GASTRONÓMICAS, ESTA VEZ MOI PRETO DE NÓS, A DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DE ARZÚA...
  • Decoramos o comedor con murais relativos aos productos elaborados no noso concello, o mel e o queixo
  • Buscamos música típica  para poñer mentras xantamos.

Foi moi divertido e aprendemos moito sobre estes productos, xa que tivemos unha cata de queixo impartida por Óscar Pérez,  Secretario Xerente do Consello regulador da DOP Arzú-Ulloa e uns talleres do museo vivente da mel de Dombodán, o Enredo do Abeleiro por Amparo.


  • CATA DO QUEIXO o luns 16 de xaneiro para 3º de EP





  • DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS DONADOS PARA O COMEDOR  ESCOLAR o luns 16 de xaneiro



  • TALLERES DO MEL o xoves 19 de xaneiro para Educación Infantil


6º de Infantil

5º de Infantil

4º de Infantil

martes, 20 de diciembre de 2016

OS CONSELLOS DE MARELA

ESTE CURSO A NOSA MASCOTA MARELA VAINOS DAR UNS CONSELLOS MOI IMPORTANTES SOBRE QUE ALIMENTOS PODEMOS CONSUMIR AO LONGO DE TODO O CURSO.

COMO SABEDES O OUTONO É A ESTACIÓN ONDE COMEZA A CHEGAR O FRÍO.

NA AULA DE A.L, ESTAMOS A TRABALLAR, INVESTIGAR E CREAR DIVERSOS CONSELLOS DE ALIMENTACIÓN QUE TODOS PODEMOS LEVAR A CABO PARA QUE O NOSO CORPO SE PROTEXA DO FRÍO.

AQUÍ TEMOS Á NOSA COMPAÑEIRA DE 5º A, NEREA, CO PRIMEIRO CONSELLO DE MARELA:

"PARA COMBATIR O FRÍO DE OUTONO PODES TOMAR: FIGOS, CASTAÑAS E COGOMELOS", 


TODOS ESTES ALIMENTOS XERAN PROPIEDADES MOI IMPORTANTES PARA O NOSO CORPO, AXUDÁNDONOS A CREAR DEFENSAS PARA COMBATIR O FRÍO E NON POÑERNOS ENFERMOS.

sábado, 22 de octubre de 2016

SORPRESA NO INICIO DUN NOVO CURSO 2016/2017!!!!!!

Nada máis chegar ao cole, na mesma entrada atopamos a outra vaca curioseando polo cole e moi acompañada de Marelo e Marela!
Puxémonos a supoñer quen sería esa visita, a verdade é que espertou a nosa curiosidade! Despois de moito divagar chegamos a unha conclusión...acertariamos?















Pero agora xa sabemos a verdade!!!!