lunes, 23 de diciembre de 2013

Xantar de mestres

A Marela xa forma parte de todos os acontecementos do cole, por iso no xantar de Nadal de mestres organizou unha!
Todos e todas estabamos ilusionados co que alí estaba a punto de ocorrer, un sorteo de "algo" para facer "algo"·...esta Marela é tremenda!
Pois ao final era un sorteo de cestas de foritas cunha clara mensaxe de que debemos comela mañá, tarde e noite par ater unha vida moi san ademías de facer deporte , claro está!





Os tres premiados!!!


domingo, 22 de diciembre de 2013

Agasallo de Nadal

Este ano tamén dende o comedor tratamos de mentalizar ao noso alumnado na necesidade de comer froita ao longo do día. todos os anos por estas datas entrégaselle un agasallo aos nenos e nenas con productos navideños, pero este ano introducimos unha novidade dirixida pola vaca Marela, introducir a froita nel.

Aliménta-T-ben é o noso lema!!!!
Eles mesmos nun taller de elaboración foron quen de facelas todas as cestas para todos e todas, unha cadea de produción en toda regla.







Para logo entregar despois do xantar de Nadal no comedor do colexio






Posta en marcha de Aliménta-T-Ben


Entregouse a cada neno nena unha ficha como esta para levar a cabo como tarefa voluntaria durante o Nadal

                    

Novo ano, novo proxecto

Este curso estamos dentro do Programa Alimenta-T-Ben dentro do Plan Proxecta, que levaremos á par dos outros programas nos que estamos xa traballando, Sustentabilidade e Paisaxe, Xogade, Ponlle a s pilas ao teu bocata e Nós tamén creamos!!!

viernes, 28 de junio de 2013

Revista "Rular"

Na revista do cole, tamén incluímos o Plan Proxecta, donde relacionamos "Xogade" e "Distribución de froita". Marela explícao moi ben.
Na revista, en relación co Plan Proxecta, tamén estiveron presentes as TICs, pois elaboráronse actividades con diversos programas, entre eles o scribus, para a elaboración de carteis e o JClic.

jueves, 20 de junio de 2013

Despedida do curso

Para rematar,partindo do eixo vertebrador da biblioteca escolar, ao redor do cal xirou o noso traballo (contando contos...contamos contigo), non queda máis ca despedirnos ata o próximo curso. Esta vez a despedida é un pouquiño especial, posto que para "froitomanía" e "froitopía" non podía ser doutro xeito. Ata a próxima a todos/as.

Traballo coas froitas-5º A

Os alumnos/as de 5º A fixeron, en papel de lixa, uns debuxos moi chulos de froitas. Aquí quedan no taboleiro...
E tamén desta outra maneira...
Tamén fixeron un monográfico sobre o plátano, aquí quedan as fotos.

viernes, 14 de junio de 2013

Libro sabio das froitas

Aquí deixo un libro para que poidades disfrutar un pouquiño e, como non, aprender algunha cousiña máis sobre as froitas.

jueves, 13 de junio de 2013

Jclic

Aquí deixo un Jclic de froitas para que poidades entretervos un pouquiño. A xogar!!!

martes, 11 de junio de 2013

Divulgación Plan Proxecta: fotos do minicongreso

O martes, día 11 de xuño, celebrouse no cole un minicongreso sobre o Plan Proxecta, con motivo da súa divulgación a toda a comunidade educativa. Aquí quedan algunhas fotos do Plan de consumo de froita na escola.