viernes, 10 de junio de 2016

Pequexogos "froiteiros"

Este curso en Educación Infantil no noso cole celebramos os IV Pequexogos de primavera.
Nesta ocasión os nomes dos equipos participantes fsn referencia aos deportes e á froita.
A mestra Chus argallou os debuxos e os nenos e nenas de cada equipo decoraron cadanseu.

Na aula de 3 Anos:

- Os Amorodos nadadores.

- As Uvas corredoras.


- Os Plátanos do Baloncesto.
Na aula de 4 Anos:

- As Peras Futbolistas.
- As Cereixas Patinadoras.
- As Mazás Ximnastas.
E na aula de 5 Anos:

- As Sandías do Voleibol.
- As Laranxas Tenistas.

- As Piñas Ciclistas.
- E os Limóns da Halterofilia.
Unha vez feitos os deseños de cada equipo encargamos camisetas con eles para os xogadores e as xogadoras para poñelas na competición.






jueves, 9 de junio de 2016

Praxias con froitas en 5 anos

Dentro do Programa de Estimulación de Linguaxe Oral, o alumnado de EI (5 anos) pintaron e recortaron coa axuda da súa titora todas estas froitas.
Posteriormente, na sesión de dito programa, a mestra de A.L. trouxo uns ollos e unha boca para cada unha das froitas. Algunha vez xogachedes a poñer cara de froita???
Pois aquí están os nen@s de 5 anos imitando cada un a súa...QUE DIVERDITO!!!



martes, 7 de junio de 2016

A planta dos morodos!

Os amorodos gañaron as froito-eleccións do noso cole e na aula de 3 anos tamén nos gustan moito.
A mestra Rocío agasallounos cunha plantiña de amorodos e nós plantámola nunha maceta.
Vimos as partes dunha planta, aprendemos que se alimentan polas raices, que necesitan terra, auga e sol para vivir e que limpan o noso aire.
Puxémola a carón da ventá para que teña moita luz e regarémola cando o precise.
A ver se nos da algún amorodo antes de que remate o curso!



I FROITO-ELECCIÓNS ESCOLARES

Os alumn@s da aula de A.L organizamos no centro as I Froito-eleccións Escolares, para investigar sobre os gustos dos nosos compañeiros e nomear as tres froitas favoritas do centro.


Durante tres días os nenos e nenas participaron na votación, tiñan que coller unha das papeletas e escribir á sua froita favorita nela e posteriormente metela na urna electoral.













Para representar os resultados das votacións o alumnado da aula de A.L realizou unha gráfica mediante un diagrama de barras moi orixinal. Este foron os resultados:





Ademais, os resultados das votacións representaronse nun podium, xa que o tema central deste curso son Os Xogos Olímpicos.

Aqui tedes ás 3 froitas campionas!!

MEDALLA DE OURO: AMORODO
MEDALLA DE PRATA : AS CEREIXAS
MEDALLA DE BRONCE : O PLÁTANO





miércoles, 1 de junio de 2016

Praxias con froitas

Nunca vistes unha froita con boca? Pois na aula de catro anos temos un montón e a profe Thais, na  sesión de estimulación de linguaxe, ensinounos a imitalas, é divertidísimo!!
 Queres xogar con nós?