miércoles, 10 de abril de 2013

Álbum clementina

Álbum amorodos


Álbum uva rosada

Mira como comemos froita no noso cole

Benvid@s a este blog chamado "Froitopía". Como sabedes, o CEIP de Arzúa, participa no Plan Proxecta e dentro deste Plan temos o de "Distribución de Froitas aos Centros Escolares", promovido pola Consellería de Medio Rural e do Mar, o cal vai dirixido a todo o alumnado do centro, sendo a súa temporalización anual.
Aquí atoparedes os distintos traballos relacionados con este plan, que consiste na mellora dos hábitos alimenticios do alumnado mediante o fomento do consumo de froita.
Inicialmente foron concedidas dúas semanas.

Na 1ª semana as froitas foron as seguintes:
  • Luns: clementina.
  • Martes: amorodo.
  • Mércores: uva rosada.
  • Xoves: mazá Golden.
  • Venres: plátano.
Previamente, os distintos ciclos foron elaborando os distintos carteis para os días desa semana.

Na 2ª semana as froitas foron:
  • Luns: pera.
  • Martes: plátano.
  • Mércores: clementina.
  • Xoves: amorodo.
  • Venres: ameixa.   
Elaboráronse os carteis das novas froitas desta semana, que son pera e ameixa.

No Picturetrail elaboráronse os álbumes correspondentes ás distintas froitas, coas fotos do reparto, carteis...que foron colgados tamén na páxina web do centro: www.edu.xunta.es/centros/ceipdearzua.

Aquí quedan para que poidades velos.