sábado, 19 de marzo de 2016

Froitopuzzles

Na aula de Audición e Linguaxe aprendemos moito cas froitas. Coloreamos, recortamos e elaboramos os nosos propios froitopuzzles.



viernes, 18 de marzo de 2016

Plantando Froitas

O alumnado do CEIP de Arzúa, como parte do Proxecto de Paisaxe Sustentable, e coa axuda de Ignacio Vázquez (pai dun alumno e dunha alumna do centro, con grandes coñecementos sobre este tema) está facendo no recinto do cole un xardín de olores e un xardín de cores.
Deseñáronos os nenos e as nenas dos cursos superiores.


Hoxe tocoulles plantar aos nenos e ás nenas de Educación Infantil e, entre outras plantas, puxeron un esqueixe de frambuesa e outro dun híbrido de zarzamora e frambuesa.





Estamos desexando que as nosas plantiñas medren e dean froitos para ver que ricas están!

jueves, 17 de marzo de 2016

Manualidades "Froiteiras"

Aos nenos e ás nenas da aula de Tres Anos do CEIP de Arzúa gústalles moito facer manualidades.
Mirade que chulas estas tan "froiteiras".

Unha careta de laranxa para o Entroido:


Unha divertida caixa "multifuncións" con figuriñas de froitas:


Xogamos coas Froitas

Aos nenos e as nenas da aula de Tres Anos do CEIP de Arzúa gústalles moito xogar coa caixa das froitas da clase e cada día descubren novos xogos e xeitos de divertirse con elas.

☆Tirándollas á ra da boca aberta, para ver se son capaces de encestarllas dentro:



☆Tamén o pasan moi ben clasificando as froitas por cores, nomeándoas e contándoas:




Seguiremos experimentando para divertirnos xogando e aprendendo coas froitas!

Aprendemos coa Froita

Remata o Segundo Trimestre e os nenos e as nenas de da clase de Tres Anos do CEIP de Arzúa aprenderon un montón de cousas coa froita.

Cada día, na asemblea, vemos os días da semana cun ratiño ao que lle gustan moito as mazás:



Aprenden as letras, con fichas con debuxos de froita, coma esta:





Tamén aprenden os números e as cores xogando a contar e a clasificar as froitas de xoguete:




FROITA PARA LER

Este curso o FOGA mandounos varios exemplares do conto "Os Bolechas Fan unha Merenda con Vexetais". Repartímolos entre as tres aulas de Educación Infantil (para as súas Bibliotecas de Aula) e a Biblioteca do noso cole, para que todos poidan lelo.



Tamén nos enviaron uns marcapáxinas moi "froiteiros" para repartir a todo o alumnado do CEIP de Arzúa e darlle así máis color e sabor ás súas lecturas.


VOLVE O FROITÓMETRO

Este curso a Vaca Marela volveunos mandar o Froitómetro, para saber se nos gusta a froita tanto como a ela e con premios para "@s máis froiteir@s" .



Froitoemocións

E ti..como te sintes?
Na aula de Audición e Linguaxe, o plátano e o amorodo ensínannos as emocións...
Imitando e asociando xa coñecemos a alegría, a sorpresa, a tristeza e o enfado.


PRIMEIRA SEMANA DE FROITA DO CURSO 15/16

A semana do 7 de Marzo de 2016 ao 11 de Marzo, tivemos a primeira semana de froita no CEIP de Arzúa.
Nesta semana tomamos a media mañá:
-Luns: mazá 🍎
-Martes: clementina 🍊
-Mércores: pera🍐
-Xoves: amorodo🍓
-Venres: plátano🍌
Para os nenos de tres anos foi toda unha novidade e, aínda que ao principio non estaban moi dispostos a probalas, ao final "desfrutárona" moitísimo!
Déixovos este vídeo para que o vexades!



miércoles, 16 de marzo de 2016

SOMOS CORRESPONSAIS NO XORNAL A MARELA!!!!!


Xa chegou a conmemoración da SEMANA DA PRENSA  e para celebralo convertímonos en corresponsais do nos propio xornal, coas novas sobre a actualidade e as actividades a destacar dentro e fóra do noso cole.



















Aínda nos falta a portada!!!!!