viernes, 30 de enero de 2015

A paz ten froitos




No Día da Paz quixemos recordar o sudecido estes días en Francia na revista "Charlie Hebdo". Por isto, o alumnado decorou un LÁPIS POLA PAZ, xuntos cantamos para conmemorar o Día e agasallar aos nosos compañeiros e compañeiras coas nosas creacións...cargadas de ledicia, deporte, axuda, paisaxe, cooperación, froita, solidariedade, mitoloxía e de moito, moito respecto. 



sábado, 24 de enero de 2015

sábado, 17 de enero de 2015

AlimentaT-ben



Os nenos e as nenas de catro anos seguen aprendendo moitas cousas sobre hábitos de vida saudable. Mirade canto traballaron para facer esta roda de alimentos sans, na que nos recomendan alimentarnos ben e facer moito deporte!! Eu vou seguir o seu consello, e vós?









sábado, 10 de enero de 2015

Chegou o inverno


Nesta nova estación comeza o frío e con el as paisaxes brancas, cubertas de neve!!! E como na aula de 4 anos son moi deportistas, fixeron este mural no que semella que os bonecos de neve son expertos esquiadores, mentras outros se divirten xogando á comba.
Un momento!!! Non só esquían os bonecos de neve, tamén hai algunha pera que o está pasando fenomenal na neve.  Nótase que ás nenas e aos nenos de catro anos encántalles comer mooooooooita froita...Ves tí algunha froita máis facendo deporte nesta paisaxe invernal??