sábado, 25 de febrero de 2017

Froita para todo

Da froita aprovéitase todo!
Os nenos e as nenas de 4 e de 5 anos do CEIP de Arzúa gardaron os refugallos das froitas que merendaron (carozos e peles) e logo leváronos á composteira que temos no cole para obter compost que logo usaremos no noso invernadoiro.








Decorando as Tinas para a Froita

Na primeira semana de Distribución de froita do CEIP de Arzúa cada clase decorou unha pequena tina para levar a froita á aula.
Quedaron moi ben!

                        




















Carteis Froiteiros

Na primeira semana de Distribución de Froita no CEIP de Arzúa merendamos mazás, clementinas, peras, amorodos e plátanos e os/as peques fixeron carteis coa froita de cada día.


                       














lunes, 20 de febrero de 2017

Antifaces froiteiros

Metidos xa de cheo nas festas do Entroido e tamén na primeira semana de distribución de froita deste curso, os nenos e as nenas de 4 e 5 anos do CEIP de Arzúa fixeron estes antifaces tan "froiteiros" e divertidos e saíron a xogar con eles. Mirade que ben o pasaron!




                   












viernes, 17 de febrero de 2017

O GATO LAMBÓN

DENTRO DO PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL (P.E.L.O) LEVADO A CABO NA ETAPA DE E.I.,POLA MESTRA DE A.L E AS MESTRAS TITORAS DE E.I, COÑECIMOS AO GATO LAMBÓN, UN GATIÑO MOI LARPEIRO QUE TEN UNHA ALIMENTACIÓN MOI POUCO SAUDABLE.

DESPOIS DA LECTURA DO CONTO, COMPRENDIMOS QUE ESTE GATIÑO ALIMÉNTASE MOI MAL, XA QUE PAPA TODO O QUE SE LLE PON POR DIANTE E A PESAR DE TER O BANDULLO CHEO OU TER DOR NEL, EL SEGUE COMENDO TODO O QUE LLE APETECE.



OS ALUMNOS DE 3, 4, E 5 ANOS DECIDIMOS AXUDAR A ESTE GATIÑO E ELABORAMOS UNHA FICHA NA QUE REPRESENTAMOS AO GATO COMENDO ALIMENTOS SAUDABLES, COMO A FROITA, O PAN, O PEIXE E O LEITE....TODO UN MANXAR PARA UN GATO!





BO PROVEITO!!!