jueves, 18 de mayo de 2017

Plantando amorodos.

Os nenos e as nenas de 5 anos pasárono xenial poñendo unhas plantiñas de amorodos en macetas.
Esperemos que nos conviden cando dean froitos!





                   










Froito-puntillismo.

Os nenos e as nenas de 3° de Educación Primaria escolleron debuxos de froitas para practicar a técnica do puntillismo.
Ollade que ben lles quedaron as súas obras!






Riquísimas brochetas de froita

Os nenos e as nenas de 5 Anos saborearon unhas riquísimas brochetas coas froitas que escolleron. Teñen un aspecto moi saboroso!



                   

                   

                  


















miércoles, 10 de mayo de 2017

Gráfico de froitas

Esta vez, na aula de PT, na área de matemáticas, traballouse un gráfico de froitas. Os alumnos/as tiveron que interpretar o gráfico para poder responder ás preguntas.
Enlazamos esta aprendizaxe coas Ciencias Naturais, vendo características particulares de cada froita, as sementes e as súas árbores, algunhas das cales xa están no caderno de aula, elaborado polo alumnado. 






miércoles, 3 de mayo de 2017

OS CONSELLOS DA MARELA

"A PRIMAVERA O CORPO ALTERA"

Como ben di Marela, coa chegada da primavera o noso corpo sofre cambios e polo tanto debemos coidarnos e alimentarnos con productos sans e frescos.
Na primavera o noso corpo necesita hidratarse mais xa que comeza a facer mais calor.


Os alumnos e alumnas da aula de A.L elaboramos este consello de alimentación saudable onde se representan as características e propiedades de cada froita  e verdura que podemos consumir para que o noso corpo creza san e forte.