lunes, 29 de junio de 2015

Unha viaxe a Grecia

Na aula de inglés, os alumnos/as de 4º de primaria, elaboraron coa profesora un conto titulado: "Unha 
viaxe a Grecia" no que as personaxes son as froitas.


.


sábado, 13 de junio de 2015

As cereixas


Esta semana, desfrutamos da cuarta semana de Froita no cole para a merenda. Na aula de 3 anos, investigamos sobre as propiedades das cereixas e compuxemos un cartel para telas ben presentes...pero, sen dúbida o que máis nos gustou foi comelas!

jueves, 4 de junio de 2015

Ponlle as pilas ao teu bocata

O mércores 3 de xuño, levouse a cabo no centro unha actividade relacionada co programa de Aliménta-T Ben: "Ponlle as pilas ao teu bocata", consistente en facer bocadillos con alimentos do mar e da terra. A verdade é que resultou ser un éxito.
Previamente os alumnos/as traballaron sobre o bocata a nivel de aula e coas familias. Aquí quedan algunhas imaxes da actividade.















4ª Semana da Froita

A semana do 8 ao 12 de xuño é a 4ª Semana da Froita no cole. No esquema aparece a froita que toca cada día.