jueves, 27 de febrero de 2014

Un entroido con moitos inventos!!

Este ano Pepe, o meco do cole, tamén se apuntou ao plan proxecta, por eso cada día nos mandou levar unha cousa relacionada con cada un dos proxectos nos que participamos: Disfroiteando, Somos quen?, Aprendo xogando e Nós tamén creamos...
Aquí vos deixo a Pepe e ás súas consignas...


Divertídevos neste entroido de inventos!

sábado, 15 de febrero de 2014

Debuxamos froitas no EDI

Na semana da froita os nenos e as nenas de Educación Infantil debuxaron no encerado dixital unhas simpáticas froitas que empregamos para crear este cartel
Encántanos comer froita!!!



miércoles, 12 de febrero de 2014

Matemáticas con froitas

Os nenos traballan cos euros e cos céntimos empregando as froitas.







 
 

 

 

 



 

 

 

 

 

 

 

 

 
 

Describimos as froitas




Aproveitando a semana da froita, os nenos describen as froitas da primeira semana e ao mesmo tempo aprenden a redactar.










 
 


 


martes, 11 de febrero de 2014

AlimentaT-Ben en Nós Tamén Creamos!!

Extra, extra!!! Noticias frescas!!!
Os nenos e as nenas de Educación Infantil e de 1º ciclo de primaria están a participar nun Programa dentro do Plan Proxecta chamado Nós tamén creamos, no que elaborarán unha curtametraxe a partir dun conto, e sabedes quen será a súa protagonista????
A protagonista da curta vai ser a nosa mascota para o Plan Proxecta: Marela!!! Mirade que ilusionada está, vestiuse fermosísima para a ocasión!
Por todos é coñecido o moito que nos gusta a froita no cole, así que na curtametraxe veredes un lugar que nos invita a ALIMENTARNOS BEN!!

Que ganas de ver xa a curtametraxe!!!
Para saber máis preme aquí

lunes, 10 de febrero de 2014

CONCURSO DE FROITO-DECORACIÓN

En Froitopía gústanos a colaboración das familias nas nosas actividades, por iso, os nenos e nenas de Educación Infantil e os/as do 1° Ciclo levaron para as súas casas debuxos de froitas para decorar en familia. Con estas creacións decoraremos o comedor escolar. Nas vindeiras Semanas de Froita no Cole levaranos os restantes ciclos e, ao final do curso levarán premio os mellores!!!
Mirade!, xa empezan a chegar algunhas "artistadadas"!





























viernes, 7 de febrero de 2014

O "FROITOMATÓN"


Xa comezou no cole o froitomatón da froita!!!!!
Menudos froiteiros imos ver.  Nenos, nenas, mestres, mestras e toda a comunidade Educativa que así o desexe!!!
Mirade que divertido é facer de froita!

A froita, a fotografía e o movemento, son un gran invento!


                                                Para empezar, un fruteiro de mestres:





Agora os nenos e nenas de tres anos B:




Os nenos e as nenas de 5 anos:








Os alumnos e as alumnas de 6º A:
 







                                                                  Os peques de  3 anos A:




                                                       Os nenos e nenasde 4 anos: