jueves, 26 de mayo de 2016

FROITO-CALIGRAMAS

Ao longo de todo o curso @s alumn@s da aula de Audición e Linguaxe aprendimos un montón de adiviñas sobre as froitas. 
Aquí tedes representados nestes FROITO-CALIGRAMAS as nosas adiviñas...

SABEDES DE QUE ESTAMOS A FALAR?








domingo, 22 de mayo de 2016

Xogos para aprender froitas

Que vos paracen os novos xogos para aprender froitas?
Na aula de A.L. coloreamos, recortamos, pegamos e traballamos moito para crear este 3 en raia, este dominó e estos puzzles de froitas.
Gústanvos?



jueves, 12 de mayo de 2016

Os ósos das froitas

No CEIP de Arzúa estamos na terceira semana de froita a media mañá neste curso e hoxe comemos albaricoques.
Na aula de tres anos estivemos falando de por qué tiñan óso.
Descubrimos que se os plantamos, co tempo, nacerán árbores da mesma froita da que saíron. Para comprobalo decidimos levar os ósos dos albaricoques que conemos e plantalos nas nosas casa.
A ver qué pasa...






Pon a cara da froita.

Hoxe en Educación Infantil, na sesión do Programa de Estimulación da Linguaxe Oral, realizamos unha actividade que vimos preparando dende o comezo da semana.
Primeiro os nenos e as nenas pintaron cadansúa froita e logo as titoras recortáronas.
Hoxe a mestra de A. L. trouxo uns círculos brancos para poñerlles ollos e moitas bocas con xestos distintos.
Os/as peques pegaron os círculos e as bocas nos seus debuxos e pintaron cos dedos as pupilas dos ollos:





E logo cada neno/a tentou imitar a cara da súa froita poñendo a lingua, os beizos ou os dentes na mesma posición, imitando distintas praxias bucofonatorias:




















E resultaron unhas froitas moi divertidas e bonitas!




lunes, 9 de mayo de 2016

INTRODUCCIÓN AOS CÓMICS E AO POEMA COLAXE


Os alumnos de 4º nivel estudiaron o que era un comic . A mellor maneira de facérnolo saber  foi facendo comics.

E non foron uns comics calquera , foron uns comics nos que os temas foron as olimpiadas e a froita .
De aí os seus títulos :  "Froitolimpiada", "Froitolimpi", " Nominación de froitas ".
O tema das olimpiadas é o eixo vertebrador do curso que estamos a rematar  e  o da froita forma parte dun dos proxectos do Plan Proxecta .Unindo os dous saíron traballos moi "sans" porque o deporte e a boa alimentación a base de vitaminas son uns bos ingredientes para que o produto , neste caso sexa moi "sabedor ".


Que creatividade! Os nenos e nenas de 4º crean , crean cada día . Desta vez fixeron un POEMA COLAXE no que cada unha das súas estrofas  están ilustradas  en base ao escrito .

Unha vez máis quixeron amosar a través de  personaxes  como as froitas, e utilizando o recurso literario da personificación ,o espíritu olímpico mediante distintos deportes .
Que deportistas nos saíron estas froitas: o arándano, a amora, a cereixa , a ameixa e a mazá ; elixidas nesta orde pola cor dos aros olímpicos .






Froita para decorar.

As familias dos nenos e das nenas de Educación Infantil do CEIP de Arzúa decoraron varios debuxos para darlle cor e ledicia ao noso corredor. Entre eles hai debuxos de froitas e todos quedaron xenial e moi orixinais.