jueves, 12 de mayo de 2016

Pon a cara da froita.

Hoxe en Educación Infantil, na sesión do Programa de Estimulación da Linguaxe Oral, realizamos unha actividade que vimos preparando dende o comezo da semana.
Primeiro os nenos e as nenas pintaron cadansúa froita e logo as titoras recortáronas.
Hoxe a mestra de A. L. trouxo uns círculos brancos para poñerlles ollos e moitas bocas con xestos distintos.
Os/as peques pegaron os círculos e as bocas nos seus debuxos e pintaron cos dedos as pupilas dos ollos:





E logo cada neno/a tentou imitar a cara da súa froita poñendo a lingua, os beizos ou os dentes na mesma posición, imitando distintas praxias bucofonatorias:




















E resultaron unhas froitas moi divertidas e bonitas!




No hay comentarios:

Publicar un comentario