viernes, 18 de marzo de 2016

Plantando Froitas

O alumnado do CEIP de Arzúa, como parte do Proxecto de Paisaxe Sustentable, e coa axuda de Ignacio Vázquez (pai dun alumno e dunha alumna do centro, con grandes coñecementos sobre este tema) está facendo no recinto do cole un xardín de olores e un xardín de cores.
Deseñáronos os nenos e as nenas dos cursos superiores.


Hoxe tocoulles plantar aos nenos e ás nenas de Educación Infantil e, entre outras plantas, puxeron un esqueixe de frambuesa e outro dun híbrido de zarzamora e frambuesa.





Estamos desexando que as nosas plantiñas medren e dean froitos para ver que ricas están!

No hay comentarios:

Publicar un comentario