martes, 7 de junio de 2016

A planta dos morodos!

Os amorodos gañaron as froito-eleccións do noso cole e na aula de 3 anos tamén nos gustan moito.
A mestra Rocío agasallounos cunha plantiña de amorodos e nós plantámola nunha maceta.
Vimos as partes dunha planta, aprendemos que se alimentan polas raices, que necesitan terra, auga e sol para vivir e que limpan o noso aire.
Puxémola a carón da ventá para que teña moita luz e regarémola cando o precise.
A ver se nos da algún amorodo antes de que remate o curso!



No hay comentarios:

Publicar un comentario