lunes, 31 de marzo de 2014

CREA O TEU BOCATA!!!

Xa empezaron a chegarnos dentro do progama de Ponlle as pilas ao teu bocata, un programa que nos concederon e incluimos dentro de  Aliménta-T-Ben, xa que sexa con conservas ou con froitas hai que alimentarse MOI BEN.


Lucía 6º A

Ainoa 6º A
Bocata turbo-ibérico
Iván Orois 6º A

José Manuel 6º A



sábado, 29 de marzo de 2014

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Durante dous días veñen tres persoas facernos unha actividade dentro deste programa do PLAN PROXECTA. A actividade, organizada dende a Consellería do mar para fomentar o consumo de conservas, está dividida entres partes, unha charla, uns xogos e a elaboración do noso bocata cos ingredientes: atún, sardiñas, mexilóns, leituga, tomate, cebola, millo, queixo, aceitunas.
 O venres fomos os maiores do cole, o 2º e 3º ciclo en dou turnos. O luns van os máis pequenos, Infantil e 1º ciclo.



.












VISITA AO CORREO GALLEGO

Onte ás 11.30 da noite visitamos as instalacións do Correo Galego para ver en funcionamento a rotativa, algo que nos xerou moita curiosidade cando Susana Formoso nos veu a explicar o do xornal para iniciarnos no mundo da información, parte moi importante do proxecto Paisaxe e Sustentabilidade, Aliménta-T- Ben, Xogade, a divulgación. Vimos, aprendimos, disfrutamos... encantounos.
Foi unha experiencia inesquecible, grazas a Susana. Tamén puideron asistir os pais, que tamén forman parte do mesmo.
 Por certo, tamén acompañounos Marela e a súa familia.

E saímos no xornal de luns



domingo, 23 de marzo de 2014

FROITO-XOGOS

A Vaca Marela propúxolles aos nenos e ás nenas do CEIP de Arzúa que ideasen xogos con imaxes de froitas e os escribisen e debuxasen. Tamén lles pediu que, en caso de ser posible, o elaborasen.
Xa comezan a chegar os primeiros. Mirade que chulos!:





martes, 18 de marzo de 2014

SAIDA FROITEIRA

O pasado mércores 12 de marzo, a Vaca Marela e os máis pequenos do CEIP de Arzúa fomos de excursión pola vila de Arzúa e visitamos a "Froitaría León". vimos un montón de froitas, identificámolas e diferenciámolas das verduras. Tamén mercamos froita, entre ela un mango. Logo visitamos un supermercado e alí mercamos piña e melocotón en almíbar.
de volta ao cole probamos o mango e gustounos moito. logo fixemos una rica macedonia coas froitas que mercamos e "disfroitámola" un montón!!




 

                                                                             
                                                                             


                                                                         

 

FROITO-DECORACIÓN DO COMEDOR ESCOLAR.

Os debuxos de froitas que decoraron os nenos e nenas de Infantil e do 1º Ciclo do noso cole gustáronnos moitísimo e xa comezamos a colocalos no comedor escolar. Está a quedar chulísimo!