Durante dous días veñen tres persoas facernos unha actividade dentro deste programa do PLAN PROXECTA. A actividade, organizada dende a Consellería do mar para fomentar o consumo de conservas, está dividida entres partes, unha charla, uns xogos e a elaboración do noso bocata cos ingredientes: atún, sardiñas, mexilóns, leituga, tomate, cebola, millo, queixo, aceitunas.
O venres fomos os maiores do cole, o 2º e 3º ciclo en dou turnos. O luns van os máis pequenos, Infantil e 1º ciclo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario